[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Todos os veciños e veciñas de Oleiros poden votar mañá nas primarias de Alternativa dos Veciños
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O Centro Cívico de Santa Cruz, na rúa Ricardo Cubeiro –nas proximidades do Hotel Portocobo-, acolle mañá as primarias de Alternativa dos Veciños, desde as 11 ata as 19 horas. Todas as veciñas e veciños de Oleiros poderán participar nestas eleccións para elixir ás persoas que conformarán a lista para ás municipais do 26 de maio.
Un total de 28 candidatos e candidatas, que foron elixidos previamente nas asembleas celebradas en cada localidade, preséntase a estas eleccións. Segundo os resultados, atendendo á lei de paridade, á representatividade territorial e á formación da mellor candidatura posible, configurarase a lista electoral definitiva de 21 persoas coa que Alternativa se presentará aos comicios no Concello de Oleiros.
“Mañá temos unha festa democrática en Oleiros para elixir ás persoas que irán na lista electoral de Alternativa dos Veciños. Calquera veciño ou veciña do municipio pode participar na votación. Hai que escoller entre 11 e 21 candidatos. Vai haber alí papeletas, cabinas…”, comentou o presidente de Alternativa dos Veciños Ángel García Seoane.
Alternativa dos Veciños non puido dirixirse por carta a todos os veciños e veciñas de Oleiros para invitalos a participar nesta votación, tal e como facía sempre. A Lei de protección de datos impide o envío das papeletas aos domicilios.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]