1

Un total de 2.801 persoas participan nas eleccións primarias de Alternativa dos Veciños

As eleccións primarias de Alternativa dos Veciños para elixir ás persoas que conformarán a lista electoral para as municipais contaron coa participación de 2.801 persoas. Dos 2.801 votos, 8 foron nulos e non houbo votos en branco.

 

Os resultados foron os seguintes:

 

Ángel García Seoane: 2.495 votos

 

Esther Garrido: 2.318 votos

 

Teresa Vázquez: 2.009 votos

 

María José Varela: 1.973 votos

 

Marga Figueroa: 1.904 votos

 

Rosa Méndez: 1.786 votos

 

Jaime Rumbo: 1.609 votos

 

Pablo Cibeira: 1.571 votos

 

Sandra Fernández: 1.463 votos

 

María José Santos: 1.451 votos

 

Igor Pérez: 1.375 votos

 

Belén Taboada: 1.287 votos

 

Antonio Molinos: 1.269 votos

 

María Siso: 1.269  votos

 

Gonzalo López: 1.255 votos

 

Pamela Vázquez: 1.039 votos

 

Marta Martínez: 1.028

 

María Fraga: 965 votos

 

Noé Espantoso: 934 votos

 

Mapi Taibo: 918 votos

 

Óscar Deus: 871 votos

 

José Manuel Caridad: 839 votos

 

Cristina Cebreiro: 823 votos

 

Gonzalo Cancela: 745 votos

 

Óscar Brandariz: 659 votos

 

Luismi Escourido: 653 votos

 

Nanda Pérez: 644 votos

 

Francisco Pita: 612 votos

 

Atendendo a estes resultados, ás obrigas da Lei de paridade, á representatividade territorial e ás necesidades para a formación dun futuro goberno, deberá determinarse a orde definitiva da lista electoral coa que Alternativa dos Veciños se presentará ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio.

 

Este proceso para a elección dos candidatos e candidatos que formarán a lista electoral comezou en outubro, coas asembleas que se celebraron en todas as localidades. Alternativa dos Veciños quere darlle as grazas a todas as persoas que participaron neste proceso, único en toda España, no que calquera cidadán pode acudir libremente e mesmo presentarse.

Novas relacionadas