Previr unha desgraza en Casa Carnicero foi legal

Por segunda vez, os Tribunais dan a razón ao alcalde por derrubar unha ruina que podía caer en calquera momento

Por segunda vez a xustiza volve absolver ao alcalde e a un funcionario municipal pola demolición das ruínas de Casa Carnicero, unha actuación coa que evitaron unha desgraza humana.

O interese político de eliminar a Alternativa dos Veciños fixo que os feitos acabasen sendo xulgados nos tribunais, que confirmaron en dúas ocasións que non había ningún delito. En setembro a Audiencia Provincial e hoxe o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia certifican a total legalidade na actuación do Concello, desestimando o último recurso presentado pola Fiscalía.

“Non son ningún delincuente. Lévoo demostrando ao longo dos 46 anos que estiven á fronte do Concello”, declarou esta tarde o alcalde Ángel García Seoane. O obxectivo perseguido polos grupos da oposición de xudicializar unha actuación en defensa da seguridade cidadá para afundir e eliminar á Alternativa dos Veciños fracasou. A xustiza e a verdade impúxose, unha vez máis.

En caso de caer os restos do muro de Casa Carnicero, pola súa proximidade á beirarrúa e a estrada pola que pasan centos de coches cada minuto, habería mortes seguro. Por iso se actuou, coa lei na man, para salvar vidas. Un Goberno ten que ser ante todo responsable.

Comparte esta nova!