[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Paris Joel avanzou as liñas programáticas xerais coas que Alternativa se presenta ás eleccións
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O candidato de Alternativa dos Veciños á alcaldía de Sada, Paris Joel, presentou ás persoas que o acompañarán na lista electoral para as próximas eleccións municipais nun acto celebrado no salón principal da Sociedad ante máis dun cento de persoas. Xisela Díaz, Cristina Eiroa, Antonio González e Andrea Sambad ocupan os seguintes postos na lista electoral.
Paris Joel avanzou as liñas programáticas xerais coas que Alternativa se presenta ás eleccións. Liberar o máximo posible o tráfico rodado no centro urbán mediante o entronque coa Vía Ártabra e proxectar unha circunvalación para paliar o impacto na mobilidade na apertura do río maior, avanzar na solución das inundacións, rexenerar as praias urbanas, impulsar o plan director da Terraza, apostar pola consecución de bandeiras azuis para as praias de Cirro ou San Pedro, mediar para a consecución dun grao básico de FP, proxectar actividades e hábitos saudables para a xuventude e un plan de envellecemento activo para os maiores xunto cunha loita tenaz e continua contra a atrofia administrativa en materia de servizos sociais, son algúns dos puntos fundamentais do programa de Alternativa para Sada.
Abriu o acto o número 9 da candidatura Antonio López e pechouno o presidente de Alternativa, Ángel García Seoane, ambos destacaron o compromiso político e a honestidade de Paris Joel e das persoas que o acompañan na lista electoral. “Sadenses de corazón, con ganas, ilusión e capacidade para desenvolver o proxecto político da Alternativa dos Veciños nun municipio que necesita de persoas honradas na política para acabar coas persoas que usan as institucións para intereses persoais e lucrarse”, dixo García Seoane.
A lista electoral de Alternativa dos Veciños no Concello de Sada está formada por:
- Paris Joel Ares Doval
- Xisela Díaz García
- Cristina Eiroa Núñez
- Antonio González Fraga
- Andrea Sambad Gómez
- Roberto Carreira Abeal
- Gumersindo Varela Alvariño
- Antía Ramos García
- Antonio López López
- Paula Ares Leiro
- José Antonio Seijo Doldán
- Amparo García Romero
- José Luis Eiroa Morandeira
- Víctor Manuel Seijo Márquez
- Antonia García Alonso
- Anxo Manuel Picado Montero
- Vanesa García Infante
Suplentes:
- Jorge Manuel Leiro Vázquez
- Rebeca Gómez Pardo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]