Juan Fariña presenta a súa primeira novela o venres na Casa Charry
O escritor e político de Bergondo Juan Fariña presenta o vindeiro venres día 6 de novembro, ás 20:00 horas na Casa Charry, a súa novela ‘As cartas de Abel’(Ed. Toxosoutos, 2020). Ademais do autor, o acto contará coa participación do alcalde Ángel García Seoane.
Nesta obra Fariña fai unha incursión novelada nos terribles tempos da guerra civil, conectando a historia dun fuxido-agochado no 36 co tempo presente, a través dos misterios dunhas cartas inéditas durante máis de 80 anos. A novela está ambientada en Bergondo e Betanzos.