Alternativa dos Veciños comeza esta semana a presentación dos candidatos na comarca
Alternativa dos Veciños comezará esta semana as presentacións dos e das cabezas de lista en todos os municipios da comarca. Está previsto que esta fin de semana se anuncie o primeiro dos candidatos.
Nas eleccións municipais do próximo 26 de maio, Alternativa dos Veciños presentarase en Oleiros, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Arteixo, Bergondo, Sada e Cerceda. O candidato no concello da Coruña é Pedro Armas, que xa foi presentado meses atrás.
A comarca da Coruña necesita cambios para conseguir progreso e benestar. Alternativa dos Veciños pretende acadar un transporte público eficaz, un planeamento urbanístico ordenado, uns servizos públicos de calidade, unhas infraestruturas viarias acordes á nosa realidade e unhas políticas de emprego activas. Para iso é imprescindible contar con representación nos concellos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Cerceda, Culleredo, Sada e Oleiros, para lograr que os gobernos que se formen tras as eleccións municipais deixen a un lado os intereses electoralistas e localistas e tendan pontes para beneficio de toda a cidadanía.