Preocupación en Culleredo pola planta de biogas en Soandres

Alternativa dos Veciños solicitará información sobre as repercusións e impulsará que se facilite a presentación de alegacións da veciñanza afectada por parte do Concello.

O proxecto de instalación da planta de biogas en Soandres, no concello limítrofe de Laracha, esperta preocupación polas posibles repercusións sobre o territorio e a veciñanza da contorna.

Actualmente o proxecto está en fase de exposición pública, un momento clave no que é posible presentar alegacións para frear ou modificar o proxecto.

Ante esta situación, Alternativa solicitará ao goberno local información detallada sobre o procedemento e o seu posible impacto no municipio. Asimesmo reclamará que empreguen os medios de comunicación municipais para informar con claridade do proceso e dos prazos, favorecendo a participación cidadá nun momento decisivo.

O grupo amosa o seu apoio ás demandas veciñais, que consideran non é o lugar para unha infraestrutura industrial destas características na contorna de núcleos residenciais rurais e áreas de importancia medioambiental.

Comparte esta nova!