PP, Vox e Junts impiden a actualización das pensións

As nosas persoas maiores, reféns deste tipo de políticas miserables

Os pensionistas cobrarán 30 euros menos (de media) no mes de febreiro. O PP, xunto coa extrema dereita española e catalana, anularon onte cos seu votos no Congreso a actualización das pensións prevista para este ano: subida xeral do 2,8%, incremento do 6% das pensións mínimas e do 9% das non contributivas e do ingreso mínimo vital.

As nosas persoas maiores, que contribuíron co seu esforzo a construír o país que hoxe disfrutamos, vense reféns deste tipo de políticas miserables destrutivas practicadas polos que din defender España. A perda de poder adquisitivo sufrida durante os últimos anos polo forte incremento dos prezos, verase agravada pola mesquindade do Partido Popular, Vox e Junts.

Comparte esta nova!