Os pensionistas cobrarán uns 50,00 euros menos (de media) no mes de febreiro. O PP, xunto coa extrema dereita española (VOX) e catalana (JUNTS), anularon cos seu votos no Congreso a actualización das pensións prevista para este ano no que se prevía unha subida xeral do 2,7 %; e no caso das pensións mínimas a subida prevista era 7% en 2026, unha porcentaxe que é maior para pensións con cónxuxe a cargo e de viuvez con cargas familiares, que aumentarían un 11,4%; a mesma porcentaxe que se aplicaría ás pensións non contributivas e do ingreso mínimo vital.
As nosas persoas maiores, que contribuíron co seu esforzo a construír o país que hoxe disfrutamos, vense reféns deste tipo de políticas miserables e destrutivas practicadas polos que din defender España. A perda de poder adquisitivo sufrida durante os últimos anos polo forte incremento dos prezos, verase agravada pola mesquindade do Partido Popular, Vox e Junts.