[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O PP de Carral ataca falsamente ao equipo de Goberno
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Partido Popular de Carral acusa falsamente ao actual equipo de Goberno de retrasar a publicación do PXOM, porque ao PP non lle interesa explicar os motivos deste restraso.
Parece mentira que José Luis Férnandez Mouriño descoñeza o que firmou. O primeiro convenio do 19 de decembro do 2007,a súa modificación o 23 de agosto do 2010,a escritura pública o 17 de marzo do 2011 así como o inicio do proceso o 7 de novembro do 2014 está todo pasado pola súa man.
Foi o PP quen contratou á empresa “Estudio Técnico Galego S.A.” para a elaboración do PXOM e non se deron conta que na redacción orixinal do PXOM non aparecía este convenio firmado coa familia que cedeu os terreos. Foi o PP quen ignorou os dous escritos presentados pola familia. O primeiro do 5 de abril do 2017 onde esta comunica o incumprimento do convenio. Como non recibiron resposta por parte do anterior goberno, volveron a presentar outro escrito o 9 de outubro do 2018, ante o cal o PP non realizou ningunha acción nin lles deron unha resposta.
Esta inactividade e falta de control do anterior goberno sobre a empresa redactora do PXOM foron as causas de que esta familia presentase un terceiro escrito. O novo equipo de Goberno cambiou totalmente esta pasividade por unha reunión co representante da familia, accións coa empresa redactora do PXOM e ten previsto unha nova reunión coa familia en breve.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]