Posta en marcha dun plan de mellora da rede de camiños municipais

O Concello de Bergondo pon en marcha un plan integral, estructurado en dous proxectos complementarios, que permitirán a renovación de camiños distribuídos polas parroquias de Ouces, Lubre, Bergondo, Moruxo, Santa Marta de Babío, Rois, Vixoi e Guísamo.

O investimento previsto, de case 570 mil euros, permitirá mellorar as condicións de circulación e seguridade, así como incrementar a durabilidade dos firmes dos camiños incluídos no plan.

As actuacións alcanzarán tanto núcleos de poboación consolidades como vías de conexión, a selección atendeu a criterios técnicos, nos que tiveron en conta numerosos factores como o volume de persoas usuarias, ou a conectividade entre diferentes zonas ou con servizos de abastecemento e saneamento.

As obras permitirán a renovación dos firmes, adaptándo diferentes solucións en función a cada tramo, acondicionamento de cunetas, a mellora do drenaxe e a adecuación de cotas das arquetas preexistentes, pero tamén se incidirá sobre a sinalización viaria.

Comparte esta nova!