A pesar de que Alternativa instou ao goberno a traer o asunto para este pleno confirmaron nas pasadas comisións informativas que non houbo progresos na tramitación do expediente.
A formación demandou informacións sobre os impedimentos para avanzar no expediente de especial interes pola totalidade do persoal municipal.
Dende o goberno municipal achacaron o volumen da carga de traballo e expedientes pendentes na xefatura da área, confirmando que se atenderá cando sexa posible, pero sen establecer datas concretas.
“A resposta ao persoal debe ser unha prioridade tras anos de incumprimento cos seus dereitos e demandas. No expediente concreto para a asignación dos complementos de produtividade habería que establecer uns cambios que, a priori, non teñen unha enorme complicación, polo que non podemos comprender que non se teña abordado no pleno de hoxe.” sinala Raúl Varela.