Por fin se desbloquea Protección Civil de Sada
O novo regulamento faise público para a consulta entre a cidadanía.
Protección Civil de Sada volverá a funcionar de xeito normalizado, tal e como se deriva da consulta pública á que se someterá o novo Regulamento da Agrupación de Voluntarios para lograr reactivar un sistema de apoio á seguranza pública que leva 20 anos en situación de abandono.
O Grupo Municipal da Alternativa lamenta as trabas e impedimentos que se sufriron para retomar a reactivación da Agrupación, que conta con voluntarias e voluntarios xa formados, agardando que por fin comece a funcionar de xeito operativo. A consulta pública supón que tanto a veciñanza como a corporación municipal poderán facer todas as aportacións que contribúan a mellorar o documento que rexerá o funcionamento da agrupación de tal xeito que poda contribuír moi positivamente á organización de eventos culturais, sociais e deportivos que puideran ter lugar no municipio.
En ningún momento Protección Civil duplicará o traballo do Servizo de Emerxencias Municipal ou Policía Local, corpos profesionais dos que dispón o concello e que poderán contar coa colaboración d Agrupación de Voluntarios sempre que se precise nos eventos que se estime necesario. Así o reflexa o regulamento que será público.