Alternativa chama a manifestarnos o domingo en Santiago en apoio de Cuba, que é vítima desde hai 70 anos do maior bloqueo económico imposto a un país soberano, ao que últimamente se suman os desvaríos do actual presidente dos Estados Unidos, Donald Trump.
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” ten convocada para este vindeiro domingo 19 de abril unha manifestación nacional contra o bloqueo xenocida perpetrado polos Estados Unidos. A marcha partirá ás 12:00 horas da Alameda de Santiago de Compostela.
Alternativa dos Veciños pon a disposición de todas aquelas persoas interesadas en participar un autobús que sairá ás 10:00 horas de Oleiros. Aquelas persoas que desexen facer uso deste medio de transporte deben comunicalo previamente para reservar praza.
Fotografía Havana, Cuba – November, 22 2012: man on embankment during sunset by ADDICTIVE STOCK from Noun Project (CC BY-NC-ND 2.0):