minero

O político salvadoreño Tomás Minero visita o Concello de Oleiros

José Tomás Minero Domínguez, representante político da entidade ENEPASA –formada por 13 municipios de El Salvador-, visitou o Concello de Oleiros dentro dunha rolda de visitas a diversos municipios españois. Minero mantivo un encontro co alcalde, Ángel García Seoane, e coa concelleira de Cooperación, Marga Figueroa.

Durante a súa visita, que foi alcalde de Ciudad Delgado durante 12 anos, explicou os proxectos que os municipios que forman ENEPASA están a desenvolver en El Salvador para fomentar o desenvolvemento económico local e a protección do medio ambiente. Entre outros asuntos, Minero tamén lamentou a situación de bloqueo económico por parte dos Estados Unidos que lle impide, aos municipios que representa, recibir axuda económica de fóra do país ou realizar determinadas transaccións.

O ex alcalde Salvadoreño afirmou a importancia de Oleiros por ser precursor na cooperación de municipios españois con El Salvador, o que permitiu estender posteriormente a colaboración con outros concellos. “Grazas a que Oleiros comezou a cooperar con El Salvador, despois viñeron outras cidades a desenvolver proxectos: Zaragoza, Camargo, Rivas Vaciamadrid,… polo que sempre lle estaremos agradecidos a este alcalde e a este Goberno”, dixo.

Novas relacionadas