Desde Alternativa consideran estas afirmacións unha mostra de “pouca memoria e pouca responsabilidade política”. O grupo lembra que UxC estivo máis de dez anos ao fronte do goberno municipal e que o cadro de persoal da Policía Local pasou de contar con 24 efectivos ao inicio do seu primeiro mandato a quedar con 3 no momento da súa dimisión.
Caber recordar tamén os dous procesos xudiciais contra as políticas de UxC relativos ao pago irregular de horas extras e outro pola “cuestionada” contratación do xefe de policía a dedo.
Ademais, Alternativa sinala que en decembro de 2023, cando UxC aínda gobernaba, había 13 axentes de baixa, quedando tan so tres efectivos para facer patrullas. E considera que a esta situación non se chegou dun día para outro.
“Agora esixen solucións como si houbese unha fórmula máxica, pero a pregunta é porqué UxC non tomaron medidas cando estaban gobernando para non chegar a esta situación tan crítica.” sinala Raúl Varela, voceiro do grupo.
Alternativa considera que a veciñanza non se merece está demagoxia, que o único que fan e confundir e manipular a opinión da veciñanza. “ UXC debería actuar con máis humildade, recoñecendo que a esta situación non se chegou de súpeto, senón que é o resultado do seu proxecto político”