700x400 anceis_ esta

A polideportiva pantasma de Anceis desaparece de novo

Alternativa dos Veciños critica o vergoñento que resulta, unha vez máis, que se intente ocultar e trampear nun documento oficial algo tan evidente como unha polideportiva. Alternativa de Cambre, xunto con todos os grupos da oposición, denunciou a nova desaparición en documentos do polideportivo de Anceis, neste caso no proxecto de mellora dos parques de Anceis e Andeiro, que será levado esta semana a pleno municipal.

En resposta ao que sempre alega o Goberno municipal ante as críticas, Alternativa non está en contra da mellora dos parques. Isto é unha boa noticia para toda a veciñanza. Pero resulta inaceptable que o proxecto non contemple a realidade territorial da parroquia de Anceis.

Non é o non polo non. É o non, porque así non.

Novas relacionadas