Pola dignidade do debate político en Cangas

Alternativa reclama respecto e xogo limpo nos plenos, rexeitando as descalificacións e a dobre vara de medir na aplicación das normas

Desde Alternativa dos Veciños, queremos manifestar o noso rexeitamento absoluto aos insultos e descalificacións persoais que se están permitindo nos plenos do Concello de Cangas. A política debe basearse no respecto, no debate limpo e na confrontación de ideas, non nos ataques persoais nin na manipulación.

Na última sesión plenaria, ante novos insultos por parte de militantes e membros do BNG, decidimos abandonar a sala. Existía un acordo claro: quen insultase debía ser expulsado, pero a alcaldesa do BNG negouse a facelo cun militante do seu partido. Con todo, cando un veciño repartiu un folleto crítico, si se ordenou o seu desaloxo.

Dado que as persoas que sempre provocan ditos altercados son sempre as mesmas, non descartamos tomar medidas adicionais, incluindo a denuncia ante organismos competentes si estes feitos continúan producíndose.

Esiximos unha política sen mentiras, sen insultos e sen dobres varas de medir. Non aceptamos que a descalificación substitúa o debate nin que o respecto dependa de quen fale. A democracia deféndese con ideas, non con ataques persoais.

Comparte esta nova!