[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O pleno referenda a legalidade e transparencia dos procesos de poxa pública para a adquisición de parcelas do Concello de Oleiros
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O PP, o PSOE e Ciudadanos, aos que se lles sumou máis recentemente o BNG, solicitaron a celebración dun pleno extraordinario para continuar coa campaña difamatoria en relación á adquisición dunha parcela municipal por parte da esposa do alcalde e del mesmo. A venda realizouse a través dunha poxa pública en sobre pechado, á que podía presentarse calquera cidadán.
Tal e como explicou o alcalde no pleno, as parcelas municipais que saen a licitación son adquiridas previamente polo Concello a través das cesións obrigatorias que estipula a lei para os propietarios de solo nas urbanizacións que se desenvolven. Ao Concello correspóndelle o 10% dese solo, que posteriormente pon á venda. Con eses recursos fináncianse unha grande parte dos investimentos municipais en obras públicas: beirarrúas, instalacións deportivas, asfaltados, redes de augas,…
O proceso para a licitación fíxose a través dos mecanismos legais establecidos. A poxa foi anunciada no Boletín Oficial da Provincia e na Plataforma de Contratación do Estado. Ademais, durante máis de 4 meses, e non os 15 días que determina a lei, realizáronse publicacións na prensa escrita, en emisoras de radio privadas, na radio municipal, na web do Concello e nas redes sociais, no periódico Vivir en Oleiros e nos paneis informativos, informándose así ao conxunto da poboación para aqueles cidadáns que quixeran presentarse.
A raíz da adxudicación no mes de agosto, o PP, ao que despois se lle sumou o o PSOE, Ciudadanos e o BNG, iniciou unha campaña difamatoria poñendo en dúbida o sistema de adxudicación, a súa publicidade e a valoración do solo. Durante un mes estiveron emitindo comunicados aos medios sobre este asunto; levaron o tema ao pleno, recibindo a correspondente resposta por parte do alcalde; e presentaron peticións de información no Concello pedindo aclaracións ás que respostaron por escrito os servizos xurídicos municipais o día 14 de outubro, quedando totalmente en evidencia a maldade das intencións do Partido Popular e os que o secundan.
Das 28 parcelas que o Concello sacou a licitación, unicamente foron adxudicadas 5, quedando 23 sen ofertantes e, polo tanto, desertas. A adquirida pola esposa do alcalde superou en 2.500 euros o prezo de saída, abonando 153.000 euros pola mesma.
Sen argumentos nin temas para continuar difamando ao alcalde, os grupos da oposición pretendían repetir a campaña difamatoria cun pleno extraordinario. Argumentaron revuelo público e dúbidas, que eles fomentaron sobre a adxudicación á sociedade de gananciais, querendo converter o pleno nun circo público, como veñen amosando nos últimos celebrados onde se dedican a gritar, difamar e a menosprezar as normas mínimas que deben rexer o pleno da corporación. A desesperación e a incapacidade de tan funesta representación opositora non logrou os seus malévolos obxectivos.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]