O pleno de Oleiros aproba a ordenanza de talas forestais, plantación, conservación e fomento de especies autóctonas

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O pleno de Oleiros aproba a ordenanza de talas forestais, plantación, conservación e fomento de especies autóctonas

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O pleno do Concello de Oleiros aprobou inicialmente a Ordenanza municipal reguladora de plantación e tala de masas forestais, conservación e fomento das especies autóctonas. Con esta nova normativa o Goberno municipal pretende asegurar a preservación do entorno, da paisaxe, dos bens municipais, da seguridade viaria e a prevención dos incendios forestais.

Esta ordenanza determina, entre outras cousas, as responsabilidades dos madeiristas e o establecemento de garantías e avais. Tamén se delimitan as faixas de xestión de biomasa sobre os planos do Plan Xeral e do Catastro, o que facilita a tramitación dos requerimentos para as obrigacións da xestión da biomosa vexetal, as execucións subsidiarias e, no seu caso, a imposición das sancións correspondentes.

O pleno municipal, que volveu celebrarse a porta pechada para garantir as distancias de seguridade, tamén acordou aprobar a elección de Juan Ramón Canle López como Xuíz de Paz titular de Oleiros, por un período de catro anos.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!