ría

O pleno de Oleiros aproba os compromisos esixidos polo Ministerio para contratar o dragado da ría

O pleno aprobou a petición realizada polo Ministerio para a transición ecolóxica e o reto demográfico ao Concello de Oleiros para facilitar a execución do proxecto de dragado ambiental dos sedimentos da ría do Burgo. Esta é unha actuación demandada e agardada durante antes para rexenerar a ría que baña os concellos de A Coruña, Oleiros, Cambre e Culleredo.

No acordo adoptado, o Concello comprometese a que unha vez rematadas as obras facerse cargo do seu mantemento; deixar a obra exenta do aboamento de taxas pola expedición de licenzas exixibles e poñer a disposición do Ministerio as cesións dos terreos necesarios realizadas polos veciños a efectos de ocupación temporal dos mesmos. “No seu día presentamos unhas alegacións que foron todas atendidas e recollidas no proxecto definitivo, agás unha relativa a acumulación de area durante un ano en Santa Cristina, xunto á Fábrica. Non estamos de acordo con iso, pero para que esa non sexa a desculpa que impida realizar as obras aprobamos este acordo definitivo no pleno, para que o dragado da ría sexa unha realidade canto antes”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Novas relacionadas