O pleno municipal de mañá será a porta pechada e emitirase en directo por Radio Oleiros
Alternativa dos Veciños aprobará no pleno do Concello de Oleiros, que se celebra mañá mércores 27 de maio a partir das 19:30 horas na Casa Charry, o acordo de participación no Plan provincial para o financiamento de gastos sociais extraordinarios derivados da COVID- 19. Tamén se decidirán as obras e servizos de competencia municipal que se van realizar con cargo ao POS+ adicional da Deputación.
A petición dalgúns grupos da oposición, o pleno comezará ás 19:30 horas cun debate sobre o COVID-19. A continuación continuarase co pleno ordinario, que dada a situación de pandemia non poderá contar con público. Todos os cidadáns poderán seguir a sesión en directo a través de Radio Oleiros (101.5 FM).