O luns realizarase o pleno do mes de febreiro ás 13:00 horas
O pleno correspondente ao mes de febreiro celebrarase o vindeiro luns 25 de febreiro ás 13:00 horas na Casa Charry. Como sempre poderá seguirse en directo a través de Radio Oleiros, no 101.5 FM ou na páxina web municipal.
Inicialmente debaterase sobre os medios de comunicación municipais, a petición dos grupos da oposición. A continuación trataranse outros asuntos, como a eliminación do usufruto que ten a Xunta nos terreos que lle cedeu a Deputación da Coruña ao Concello de Oleiros en Bastiagueiro ou a prorrogación do contrato coa EDAR de Bens, que realiza a depuración das augas residuais da comarca.