Pleno extraordinario para a aprobación definitiva do Plan Especial do Río Maior

Tras recibir o informe favorable da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia, a aprobación definitiva do plan será sometida a consideración do Pleno extraordinario convocado este xoves.

A aprobación definitiva deste Plan permitirá a posta en marcha da rede de saneamento da parroquia de Lubre, a construción dun paseo fluvial e a aplicación de medidas para mitigar o risco de inundación e restaurar ambientalmente a contorna.

Unha vez aprobado o proxecto de maneira definitiva, iniciarase o proceso de expropiación dos terreos necesarios, a redacción do proxecto construtivo e, posteriormente, a licitación de todas as obras.

O Plan contempla tres actuacións principais:

  • A rede de saneamento en Lubre: construcción de tres novos colectores que permitiran a posta en funcionamento da rede.
  • A senda fluvial, cun percorrido de 2.184 metros entre os lugares de Agrumias e Cambade, creando un novo espazo recreativo, pero tamén un novo atractivo turístico para visitantes.
  • Medidas que reduzan o risco de inundación e restauración ambiental co obxectivo de mellorar a protección do ámbito natural e favorecer a súa recuperación ecolóxica.

Comparte esta nova!