[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O pleno da Deputación aproba a moción de Alternativa en apoio ao pobo cubano
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O pleno da Deputación da Coruña aprobou a moción presentada por Alternativa dos Veciños para apoiar as resolucións e acordos da ONU en contra do bloqueo contra Cuba solicitando o seu levantamento inmediato para que se deixe de afogar ao pobo cubano, a grande vítima desta criminal e malévola política promovida polos Estados Unidos. Tamén foi aprobado demandar ao Goberno de España que inicie políticas de cooperación internacional reais e efectivas con Cuba para contribuír a mellorar a situación deste país irmán, co que o pobo español está estreitamente vencellado.
Desde o ano 1962 Estados Unidos ten decretado un bloqueo que impide a existencia de todo tipo de relacións económicas e comerciais da inmensa maioría dos estados do mundo con Cuba. O terrorífico bloqueo provocou un enorme sufrimento no pobo cubano. Principalmente na década dos 90, vivíronse episodios de grandes dificultades e carencias, con falta de produtos básicos e necesidades extremas que non podían ser cubertas malia o importante sistema de servizos públicos existente na illa. Na actualidade, está a darse unha situación similar á dos 90 xa que a maiores do bloqueo -timidamente suavizado polo Goberno de Barack Obama pero recrudecido baixo o mandato de Donald Trump-, o covid está a provocar graves problemas debidos á paralización do turismo, que supuxo a eliminación dun dos principais recursos para a economía cubana.
Desde 1992, a ONU acordou acabar co bloqueo en 28 ocasións nas asembleas nas que participan todos os países membros. Na última votación sobre este asunto, celebrada o pasado 23 de xuño, 184 estados votaron a favor de eliminar o bloqueo contra Cuba; Colombia, Brasil e Ucraína abstivéronse; e tan só Estados Unidos e Israel votaron en contra. Este acordo, adoptado por apabullante maioría, non está a ser respectado nin tan se quera polos países que votaron a favor. Impídeo a política internacional de Estados Unidos, que ameaza e sanciona a todo aquel que rompa o bloqueo.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]