O pleno da Deputación aproba as dúas mocións presentadas por Alternativa dos Veciños
O pleno da Deputación da Coruña, así como o dos municipios de Oleiros e Sada, aprobou na sesión celebrada esta mañá unha moción presentada por Alternativa dos Veciños para convocar unha concentración ante todas as casas consistorais da provincia para reclamar a modificación da lei Montoro e da regra de gasto. A convocatoria sería simultánea, coa participación de todos os concelleiros e concelleiras, o vindeiro venres 7 de agosto ás 12 horas.
Esta lei, amplamente criticada por todos os partidos políticos do Estado, comprometéndose case todos eles a eliminala se gobernasen ou cogobernasen; non só non se eliminou, senón que agora preténdese baleirar as arcas a todos aqueles concellos que teñen acumulado o remanente desde a entrada en vigor da citada lei. No caso do Concello de Oleiros, 14 millóns de euros, na Deputación Provincial da A Coruña, 70 millóns de euros, e o superávit do pasado exercicio de máis de 20 millóns de euros.
Ademais desta moción, Alternativa dos Veciños presentou outra para propoñer a celebración da Bandeira Deputación de traiñeiras a primeira fin de semana de setembro. Esta regata que se celebra todos os veráns e que supón unha importantísima fontes de ingresos para todos os clubs da provincia, foi cancelada polo Goberno provincial malia que están a celebrarse todas as demais regatas de traiñeiras. Todos os grupos políticos votaron favorablemente a esta moción.