O pleno aproba unha declaración de apoio á directora do Colexio Luis Seoane

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O pleno aproba unha declaración de apoio á directora do Colexio Luis Seoane

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O pleno do Concello de Oleiros aprobou unha declaración do Goberno municipal en apoio á directora do Colexio Luis Seoane pola súa dimisión forzosa, reclamando o cese por parte da Consellería de Educación da inspectora de educación e do delegado de educación pola súa actuación antidemocrática neste caso. Así mesmo, esíxese a inmediata reposición no seu posto da directora e de todo o equipo directivo, e unha declaración formal pública de desagravio.

O pleno tamén acordou a aprobación definitiva da ordenanza de talas, do Convenio de Transporte do Área Metropolitana, do Estudo de Detalle no Sector SUP-3R – Perillo e dos festivos locais para o ano 2021 que serán o martes de Entroido (16 de febreiro) e San Xoán (24 de xuño).

A moción presentada polo Goberno municipal reclamándolle á Xunta a mellora dos servizos médicos que se prestan na Casa do Mar de Mera, así como que se aborde unha ampliación do espazo que ocupa o centro médico no edificio para poder realizar ese incremento de persoal e recursos, tamén foi aprobada.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!