[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O pleno do Concello de Oleiros acorda cederlle a Fomento o solo necesario para a obra de Sol y Mar
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O pleno do Concello de Oleiros acordou na sesión celebrada hoxe cederlle ao Ministerio de Fomento os terreos destinados a viais no Polígono 22 A Xesteira, en Perillo, para acometer as obras que leva demandando o Goberno municipal desde hai máis de 10 anos na intersección de Sol y Mar, na N-VI. Con esta, será a terceira vez que o Concello lle comunica oficialmente ao Ministerio que lle entrega o solo -conseguido previamente polo Goberno municipal gratuítamente tras chegar a un acordo cos propietarios- para a construción dun túnel e unha rotonda en superficie nesta zona.
O pleno tamén acordou aprobar o estudo de detalle necesario para a apertura dun vial en Franzomel e axustar diversas aliñacións. Igualmente foron aprobadas as contribucións especiais para abrir un vial en Mesón da Auga, entre as rúas Manuel Murguía e Anido. Debido a que os propietarios das parcelas lindantes negáronse a ceder o solo que marcaba o plan para viais, o Concello procederá a expropiarlle ese terreo e serán os particulares os que teñan que pagar os gastos de urbanización e apertura da nova rúa.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]