[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O pleno de Cambre aproba unha recalificación de solo ilegal no Seixal
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_raw_html]JTNDaWZyYW1lJTIwaWQlM0QlMjdhdWRpb18zMzkwNTQ5MiUyNyUyMGZyYW1lYm9yZGVyJTNEJTI3MCUyNyUyMGFsbG93ZnVsbHNjcmVlbiUzRCUyNyUyNyUyMHNjcm9sbGluZyUzRCUyN25vJTI3JTIwaGVpZ2h0JTNEJTI3MjAwJTI3JTIwc3R5bGUlM0QlMjdib3JkZXIlM0ExcHglMjBzb2xpZCUyMCUyM0VFRSUzQiUyMGJveC1zaXppbmclM0Fib3JkZXItYm94JTNCJTIwd2lkdGglM0ExMDAlMjUlM0IlMjclMjBzcmMlM0QlMjJodHRwcyUzQSUyRiUyRnd3dy5pdm9veC5jb20lMkZwbGF5ZXJfZWpfMzM5MDU0OTJfNF8xLmh0bWwlM0ZjMSUzRGZmNjYwMCUyMiUzRSUzQyUyRmlmcmFtZSUzRQ==[/vc_raw_html][vc_column_text]O pleno do Concello de Cambre aprobou onte, cos votos favorables de Unión por Cambre, PSOE, BNG e Ciudadanos, unha reclasificación de solo rústico de 43.850 metros cadrados para reconvertelos en solo urbano, ao que se lle outorgan 25.586 metros cadrados de construción, que se foran pisos serían 255 vivendas de 100 metros. Con esta actuación, o solo pasaría de valer 10 euros/metro a 500 euros/metro.
Cambre non ten Plan Xeral de urbanismo. Esta recalificación pretenden amparala nas normas subsidiarias do ano 1984, totalmente obsoletas conforme á Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, que impide calquera tipo de recalificación e esixe aos concellos a elaboración de Plans de Urbanismo. Tampouco se coñecen os criterios nos que se vai basear o Ministerio de Fomento para informar favorablemente desta actuación especulativa.
Segundo o acordado polo pleno de Cambre, crearanse 3 parcelas: unha de 20.000 metros cadrados cunha construción de 14.400 metros e unha altura de 15 metros para un centro comercial, outra de 2.383 metros cadrados á que se lle outorga 4.300 metros de construción para o mesmo uso comercial e unha de 5.145 metros con 7.000 metros de construción para o mesmo uso.
Este acordo foi adoptado polos grupos que forman o Goberno municipal, Unión por Cambre, Partido Socialista e Bloque Nacionalista Galego; e por Ciudadanos. Esta actuación supón un “pelotazo” urbanístico dos que non se lembran na comarca da Coruña e que debe ser paralizado.
A zona do Graxal non precisa de máis cemento. Estes terreos rústicos pegados á N-VI, que lindan na súa zona norte co Concello de Oleiros, só poden ser recalificados cun Plan Xeral, para convertelos nun gran parque público dotado de zonas deportivas, das que actualmente carecen os veciños do Graxal, da Costa da Tapia e do Temple.
Estes novos centros comerciais arruinarán a todo o pequeno comercio da zona. Tamén se incrementará o caos de tráfico no cruce do Seixal e na Costa da Tapia, onde xa existen uns problemas de mobilidade terribles.
O Goberno municipal de Oleiros solicitará unha reunión urxente co responsable de urbanismo da Xunta de Galicia. Ademais, vai presentar ante a sala do contencioso os recursos pertinentes contra semellante “pelotazo” urbanístico.[/vc_column_text][/vc_column][vc_column][/vc_column][vc_column][/vc_column][/vc_row]