O pleno da Deputación aproba a moción de Alternativa en defensa da vía Ártabra

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O pleno da Deputación aproba a moción de Alternativa en defensa da vía Ártabra

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O pleno da Deputación da Coruña aprobou a moción presentada por Alternativa dos Veciños en defensa da vía Ártabra para instar á Xunta de Galicia a subsanar urxentemente os erros administrativos do proxecto e a contratar as novamente as obras e os proxectos para continuar a vía Ártabra desde a AP-9 ata a A-6. O PSOE e o BNG votaron en contra. A Marea Atlántica abstívose.

O Goberno galego estaba a realizar a conexión da Ártabra desde a N-VI ata AP-9, na Gándara, pero foi paralizada por sentencia xudicial debido a erros administrativos na contratación. Esta situación provoca un forte retraso na execución de tan importante infraestrutura pública comarcal e un importante encarecemento das obras, o que supón un grave prexuízo que atenta contra o interese xeral da comarca e o erario público.

A irresponsabilidade do Concello de Cambre, que se opón aos proxectos contratados polos intereses particulares dun afectado polo ramal de conexión coa AP-9 na Gándara, pretende que se inicie un novo proxecto para a vía Ártabra e que se anulen os aprobados pola Xunta de Galicia, o que ocasionaría unha demora de outros vinte anos na creación de tan necesario vial para a comarca da Coruña.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!