Arteixo agarda por un Plan Xeral de urbanismo desde 2008

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Arteixo agarda por un Plan Xeral de urbanismo desde 2008

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Dez anos despois de contratar á UTE Arnaiz consultores S.L. – Tinsa consultoría S.A.U. a redacción do Plan Xeral de urbanismo por 510.264 euros, o Concello de Arteixo segue sen un documento que permita poñer fin ás políticas de caos urbano e degradación da paisaxe.

Ademais de non aproveitar a maioría da que dispón para realizar a correspondente aprobación plenaria, o Goberno municipal permitiulle á empresa incumprir co prazo de catro anos que tiña para entregar o traballo e incrementou o pagamento en 44.985 euros.

Arteixo debería ser o concello de maior crecemento económico e poboacional da comarca da Coruña. Ese desenvolvemento non pode estar baseado en normas subsidiarias que o único que fan é favorecer proxectos que non pensan na poboación. Ademais, é importante que exista entendemento e colaboración cos concellos limítrofes en materia de infraestruturas.

Que intereses existen para que, despois de gastar máis de medio millón de euros, Arteixo siga sen Plan Xeral?[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!