[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O novo plan de transporte da Xunta non recolle as demandas e necesidades de Oleiros
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A primeira tenente de alcalde do Concello de Oleiros, María José Varela Neira, mantivo esta mañá un encontro con responsables da Xunta de Galicia para coñecer o novo plan de transporte da Xunta de Galicia. A maioría das melloras de liñas e frecuencias demandadas polo Concello de Oleiros non foron incluídas.
“Non hai nada inamovible. A Xunta non pode mirar só polos intereses das empresas. Se queremos que mellore a mobilidade e que a xente use o transporte público ten que haber servizos. Ninguén vai coller un autobús se lle pasa de hora en hora. Oleiros é un municipio con 40.000 habitantes, que hai 40 anos tiña 15.000 habitantes, e que ten peor servizo hoxe que cando tiña 15.000 habitantes”, dixo o alcalde de Oleiros, Ángel García Seone.
Oleiros, a capital do municipio, tiña un bus cada hora. A liña pasará a ter unha frecuencia de 40 minutos, pero sen conexión coa zona comercial de Iñás. O servizo tampouco vai ser de cada media hora, como demandabamos. A Xunta alega que por Oleiros tamén pasan os buses que veñen de Sada, pero esas liñas non van polos Regos, Montrove, Perillo… onde residen máis de 7.000 cidadáns e cidadás que quedan cun servizo moi deficiente.
No norte do concello si se amplían as frecuencias a Mera, que pasará a ter autobús cada 30 minutos. Pero resulta inconcibible que a Xunta ignore a Dexo e Lorbé, que están un km máis arriba.
Tampouco vai haber buses nocturnos, nin liña ao campus para as persoas universitarias. “Paréceme tamén moi grave que a liña municipal que vai de Lorbé ao Burgo, que lle custa máis de 60.000 euros ao Concello de Oleiros, non se contemple por parte da Xunta. E ademais de todo isto, non queren que o urbano da Coruña veña ata Santa Cristina durante todo a ano”, comentou o alcalde.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]