O plan de transporte da Xunta non contempla as demandas realizadas polo Concello de Oleiros

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O plan de transporte da Xunta non contempla as demandas realizadas polo Concello de Oleiros

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A Xunta de Galicia pretende que o servizo de transporte público no Concello de Oleiros siga funcionando ata o 2030 da mesma maneira que na actualidade. O novo plan de transporte elaborado pola Xunta non recolle ningunha das propostas realizadas polo Concello e simplemente lle dá continuidade á precaria situación actual.

O plantexamento da Dirección Xeral de Mobilidade para Oleiros non presenta novidades sobre as actuais liñas, frecuencias e paradas. O Concello entende que o actual servizo de transporte é totalmente insuficiente polo que acaba de presentar as correspondentes alegacións para que se inclúan as propostas xa realizadas que, malia que non foron tidas en consideración neste documento.

O Concello de Oleiros demanda unha frecuencia de 30 minutos para Montrove, Oleiros, Serantes, Maianca, Dexo e Lorbé; a creación dunha liña ao campus universitario adaptada aos horarios dos estudantes; conexións nocturnas para facilitar os traslados relacionados co ocio nocturno; mellorar a comunicación coa capital do Concello e prolongar a liña de Oleiros ata o polígono comercial de Iñás en horario laboral.

Nas alegacións presentadas tamén se inclúe que as liñas de interese municipal, como a que conecta Lorbé co Burgo e que actualmente está a ser financiada polo Concello, se integren plenamente dentro das novas concesións. Ademais disto, o Concello de Oleiros reclama que, en previsión de posibles ampliacións das liñas de transporte urbano da cidade cos concellos de Culleredo, Arteixo e Oleiros, se deixe claro a lexitimidade destes servizos para garantir a súa seguridade xurídica. Das propostas realizadas pola Xunta, si é positivo o sistema tarifario que se aplicaría, con bonos mensuais de 50 ou 100 viaxes.

Alternativa dos Veciños considera necesario que a Xunta se reúna cos concellos implicados co fin de explicar o plan en detalle, aclarar dúbidas e se fora necesario ampliar os prazos para acadar un acordo antes de iniciar a licitación, co obxectivo de lograr un servizo de transporte digno na comarca da Coruña durante o próxima década.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!