O funcionamento dos servizos de recollida de lixo do municipio de Cambre continúa dando síntomas de decadencia e enchendo o municipio de lugares de escasa salubridade e que proxectan unha lamentable imaxe de Cambre como o territorio hixiénico e ben xestionado que debera ser.
Dende Alternativa dos Veciños lévase denunciando esta situación en numerosas ocasións, en plenos e comisións, sen que a Concelleira de Medio Ambiente, Mobilidade e Sanidade, do PSOE, responsable do bo funcionamento da recollida de lixo faga nada, nin un simple seguimento das incidencias manifestadas por este grupo.
A comezos desta lexislatura dubidabamos que o aumento do número de asesores axudaría a un mellor funcionamento do concello, pero o tempo está a darnos a razón.