Por moi difícil que sexa litigar contra AENA sobre a pegada sonora de Alvedro, o concello non deixará de facelo. Son moitos os consultings xurídicos que se atemorizan ante o xigante aeroportuario español, porque non queren enfrentarse á influinte empresa.
Oleiros presentará alegacións e un contencioso ante AENA despois de que se aprobase o documento técnico da pegada sonora, que hipoteca varias hectáreas de solos urbanos e urbanizables na zona de Montrove.
As persoas veciñas e propietarias das parcelas afectadas debían igualmente animarse a apresentar alegacións de cara a amparar as futuras reclamacións sobre os dereitos urbanísticos dos predios afectados.
Tras entrar en contacto con diversas consultoras de xuristas e enxeñeiros, comprobouse como moitos destes profesionais néganse a realizar informes técnicos que mostren as posibilidades de revertir a normativa da empresa aeroportuaria.
Con todo, o concello manifestou a súa intención de presentar alegacións á normativa en tempo e forma, aínda que a actitude destes profesionais priven á cidadanía de argumentar técnicamente a súa lexítima defensa.