Profundo pesar polo falecemento de Alfredo Novoa

ang

Profundo pesar polo falecemento de Alfredo Novoa

Alternativa dos Veciños lamenta profundamente o falecemento de Alfredo Novoa Gil, tenente de alcalde de Oleiros entre os anos 1987 e 2007.

Alfredo Novoa foi unha persoa que dedicou unha gran parte da súa vida á xestión e ao desenvolvemento do Concello de Oleiros. Parte destacada dos distintos gobernos municipais nos que participou, tamén presidiu o Fondo Galego de Cooperación durante 15 anos e desenvolveu un importante traballo como sindicalista de Comisións Obreiras. Ocupou a vicepresidencia de Alternativa dos Veciños e actualmente era o presidente de honra do partido.

En recoñecemento á súa irreprochable traxectoria política, o Concello outorgoulle en 2016 o seu nome a unha rúa da parroquia de Nós, na que residía este destacado político oleirense.

Novas relacionadas