perillo-casa-cultura

Perillo elixe mañá os seus candidatos para as primarias nunha asemblea aberta a todos os veciños e veciñas

Alternativa dos Veciños ten convocada para mañá venres 30 de novembro, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Perillo, unha asemblea aberta para escoller as persoas que representarán á localidade nas eleccións primarias do 2 de febreiro. Calquera persoa que o desexe pode presentar a súa candidatura e participar na votación. 

Con anterioridade xa se celebraron estas asembleas nas localidades de Dorneda, Dexo, Nós, Mera, Oleiros, Iñás e Liáns que escolleron como persoas candidatas a María José Varela, José Manuel Caridad e Gonzalo López; Rosa Méndez, Igor Pérez e Nanda Pérez; Belén Taboada, Antonio Molinos e Óscar Brandariz; Marga Figueroa, Pablo Cibeira, María Siso, Mapi Taibo e Francisco Pita; Teresa Vázquez, Cristina Cebreiro e Noé Espantoso; Jaime Rumbo, Óscar Deus e Pamela Vázquez; e Esther Garrido, María José Santos, Gonzalo Cancela e Marta Martínez respectivamente.

Novas relacionadas