Pedro Armas participa nun encontro con emprendedores e empresarios de Ascega

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Pedro Armas participa nun encontro con autónomos, emprendedores e empresarios de Ascega

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O candidato á alcaldía da Coruña por Alternativa dos Veciños, Pedro Armas, participou esta mañá nun encontro con máis de 40 autónomos, emprendedores e empresarios na sede da asociación Ascega. Armas, que estivo acompañado por Ángel García Seoane e varias das persoas que o acompañarán na lista electoral, explicou o proxecto co que Alternativa dos Veciños se presenta ás eleccións do 26 de maio.

Ademais de respostar ás numerosas preguntas formuladas polas persoas asistentes, o candidato de Alternativa dos Veciños deixou claro que o que pretende é conseguir unha administración eficaz, na que o interese xeral da cidade prevaleza por encima de cuestións electoralistas. “Somos honrados, honestos, coñecemos o funcionamento interno do Concello e podemos aportar moitas cousas para mellorar A Coruña”, comentou.

Pola súa parte, Ángel García Seoane tamén atendeu a unha das preguntas realizadas por un dos asistentes para explicar que a intención de Alternativa dos Veciños é contar con representación en todos os municipios da comarca para permitir a gobernabilidade dos concellos e poñer fin aos boicots partidistas que impiden acadar melloras de interese xeral para a cidadanía.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!