Pedro Armas denuncia o fracaso da Coruña Smart City

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Pedro Armas denuncia o fracaso da Coruña Smart City

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O candidato á alcaldía da Coruña por Alternativa dos Veciños, Pedro Armas, e a responsable de mobilidade da candidatura, Gema Neira, compareceron esta mañá ante os medios de comunicación para explicar o fracaso da Coruña Smart City e presentar algunhas propostas novidosas neste ámbito.

No ano 2012 o Goberno do Partido Popular asignou a xestión do proxecto Coruña Smart City a EMALCSA, que o sacou a concurso por 5 millóns, cando inicialmente os proxectos sumaban 6. Finalmente adxudicouse a unha UTE por 3,2 millóns, para deseñar, subministrar, instalar e configurar a Plataforma Smart Coruña e poñer en marcha a Oficina na Casa da Agua. A día de hoxe nin hai plataforma, nin cadro de mandos, nin central, nin oficina.

“O Goberno do PP vendeu a bombo e platillo o proxecto Coruña Smart City. Dende que goberna a Marea o único que existe é unha páxina web con todos os apartados da Smart city baleiros, sen contido. Non nos consta que o PP nin a Marea teñan rendido contas sobre este proxecto millonario”, comentou o candidato Pedro Armas.

“Fan falta accións concretas, sinxelas, viables, realistas, económicas e sostibles. Instalacións e accións financiadas polo Concello e polas empresas implicadas. Por exemplo: puntos de recarga de coches eléctricos (electrolineiras), bicis eléctricas e coches eléctricos de aluguer. Xa dispoñemos dun estudo detallado para a instalación dunha rede de electrolineiras”, dixo Armas.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!