[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O colexio de Novo Mesoiro non pode ser un cromo político
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Xa están as escavadoras explanando a parcela onde se vai construír o colexio de Novo Mesoiro. Como que xa? Desde Alternativa dos Veciños criticamos o trasfondo político da construcción do novo colexio en ano electoral. Algúns dirán que por fin son atendidas as demandas dos veciños do barrio. Emporiso, a construción dun novo colexio non debe depender só da demanda veciñal, aínda menos depender da demanda política. Hai que construír un colexio cando a demografía o require. A obra nova en materia educativa é cuestión técnica e, sobre todo, cuestión de planificación. Planificar, anticipándose aos problemas, é a función principal do político.
Esa demanda existía desde hai moito tempo. Cando eu era Delegado Provincial de Educación, incluín nos Presupostos da Xunta do 2007, por primeira vez, 400.000 euros para o proxecto de construción dun centro con aulas de Infantil e Primaria no barrio de Novo Mesoiro. A decisión foi tomada a partir dos informes da Inspección Educativa sobre o previsible crecemento da demanda escolar neste barrio de nova creación. Desde 2004 o barrio comezara a ser ocupado por familias compostas por parellas de mozos e mozas con fillos pequenos ou con expectativas de telos. Tratábase dun barrio no que a oferta de vivendas a bo prezo, o deseño urbanístico e a tranquilidade incentivaban novos proxectos vitais nunha época, previa á crise, na que as hipotecas estaban ao alcance de case todos.
O barrio, que logo quedaría máis ou menos ben conectado á cidade coa finalización da Terceira Ronda, resultaba excéntrico para ser incluído na área de influencia doutros colexios. As proxeccións demográficas xa por entón indicaban que nuns anos contaría con máis de 10.000 habitantes. Non só sería o barrio máis novo da Coruña pola edificación, senón pola estrutura das familias que o haberían de ocupar. A ocupación cumpriuse e, aínda que a crise ten freado algo a natalidade, Novo Mesoiro é hoxe en día o barrio demograficamente máis novo da cidade.
Demasiado tempo sen un colexio nun barrio tan denso. Con estos antecedentes, 12 anos despois, sorprende que non estea posta nin a primeira pedra do colexio. Agora veñen a vender un investimento de 4,5 millóns de euros, para aulario, pistas polideportivas, ximnasio e comedor, coa previsión de que o centro entre en funcionamento en ano e medio, nin sequera para o curso 2019-2020. Dirán que é pura casualidade que neste ano coincidan as obras do cole e as eleccións municipais. Dirán que o novo centro responde a unha demanda poboacional e non a unha oferta electoral. Dirán que o colexio aínda no está construído no barrio pola ineficacia doutros na xestión de trámites administrativos (retrasos na entrega de planos, informes, licencias, etc.).
Os conformistas dirán que vale máis tarde que nunca. Que llo digan ás nais e pais que durante todos estes anos tiveron que levar aos seus fillos nos seus propios coches ó Manuel Murguía de Feáns ou ó Alborada de Elviña. Moitos daqueles alumnos de Primaria xa están en institutos cursando o Bacharelato.
Claro que hai responsables do retraso. A Xunta é responsable da decisión, a proxección e a construción do centro; o Concello é responsable da posta a disposición dos terreos e da concesión das licenzas. Ambos botaranse á cara as culpas dos retrasos e intentarán que os veciños de Novo Mesoiro pensen que o colexio no se fixo antes debido ás discrepancias políticas. Os veciños, que son escépticos coa política local por experiencia, preguntaranse por que, se o PP leva gobernando na Xunta desde o 2009, non se fixo o colexio durante a lexislatura de Negreira, cando non había discrepancias. Novo Mesoiro non é un viveiro de votos, é un barrio con veciños novos que demandan equipamentos básicos. O colexio de Novo Mesoiro non pode ser un cromo político[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]