[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños apoia ao persoal afectado polo anuncio do peche de Alcoa
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños fai público o seu apoio incondicional á plantilla de 369 persoas traballadoras afectadas polo anuncio do peche da planta da empresa Alcoa en A Coruña e á súa vez insta á poboación a mobilizarse para esixir a detención do procedemento de despido colectivo e o expediente de extinción.
Este mércores a dirección da empresa Alcoa trasladou ao seu Comité Europeo a decisión de pechar a planta de A Coruña. Esta decisión suporía o inicio dun procedemento de despido colectivo que afectaría a case 400 traballadoras e traballadores da planta de Alcoa na cidade herculina. Alcoa, que xustifica os despidos por “problemas estruturais intrínsecos” que teñen que ver coa intención de pechar a produción en España para trasladala a China, ven de triplicar as súas perdas pese a recibir 130 millóns de axudas públicas con cargo ao recibo da luz e máis de 1.000 millóns nos últimos 10 anos. Esta situación supón unha terrible vulneración dos dereitos dos traballadores e traballadoras da planta de A Coruña, que non teñen culpa de que os directivos estean xestionando mal a empresa.
Desde Alternativa dos Veciños opoñémonos rotundamente a esta decisión tomada desde arriba sen ter en conta as terribles consecuencias para tantas familias coruñesas e instamos á poboación a mobilizarse xunto ao persoal de Alcoa para esixir a detención deste despido colectivo.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]