[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Paz Gago falará sobre o seu libro La máquina de la eternidad, unha biografía novelada de José Sellier
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O candidato de Alternativa dos Veciños na Coruña, Chema Paz Gago, será entrevistado esta media noite (00:30 horas) no canal 24 horas de TVE, no programa La hora cultural, presentado por Antonio Gárate. Paz Gago falará sobre o seu libro La máquina de la eternidad, unha biografía novelada de José Sellier.
Chema Paz Gago é catedrático de Literatura Comparada da Universidade da Coruña, dende onde desenvolveu unha intensa actividade social e cultural nas tres últimas décadas.
Despois de fundar o Clube de Teatro Universitario, dirixiu o Servizo de Medios Audiovisuais da UDC entre 1998 e 2004, poñendo en marcha unha unidade de produción audiovisual.
Especializado en comunicación política e artística, como xestor cultural organizou na cidade grandes congresos como o Congreso do Fin do Milenio en 1999, en colaboración cos Concellos da Costa da Morte, ou o Congreso Cultura da Comunicación, Comunicación da Cultura, en 2009. Con ocasión destes eventos científicos de primeiro nivel, visitaron a nosa cidade persoeiros como Umberto Eco, o sociólogo Jean Baudrillard ou o escritor Salman Rushdie.
Como Delegado en Galicia da Sociedade Estatal de Conmemoraciones Culturales, entre 2000 e 2005, trouxo a A Coruña grandes eventos artísticos e cinematográficos como a Exposición Arte Emerxente. Fundou e dirixe, ata a actualidade, a Semana Internacional de Cine de Betanzos.
Foi responsable de diferentes Másters propios da UDC sobre Estudos Teatrais e Audiovisuais (1998-2004), sobre Moda. Diseño, Producción, Comunicación co Grupo INDITEX (2000-2002) e do Programa Erasmus Mundus en Espectáculo. No eido científico, desempeña na actualidade os cargos de Presidente da Federación Latinoamericana de Semiótica e de Vicepresidente da Asociación Internacional da mesma especialidade.
Director da revista La Tribuna. Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán editada pola Real Academia Galega (2002-2010), foi Presidente do seu Consello Científico (2010-2020). É membro electo da Academia Galega de Gastronomía e forma parte dos Patronatos da Fundación Curros Enríquez – Casa dos Poetas e da Fundación Carlos Velo, adicada ao universo audiovisual galego. É actualmente, ademáis, Presidente da Asociación de Amigos de Valle-Inclán e Vicepresidente da Asociación de Amigos da Ópera da Coruña.
Comprometido coa cooperación internacional e a solidariedade, desenvolveu un intenso traballo sobre o terreo na África Occidental, representando a diferentes ONG da Unión Europea no Continente africano, entre 1985 e 1990. Na actualidade segue a traballar con diferentes ONGs e asociacións de axuda ao desenvolvemento económico de países americanos e africanos.
Como escritor, acadou numerosos premios literarios na cidade da Coruña e en todo o mundo. Deste xeito, foi Premio de Periodismo Pérez Lugín da Asociación da Prensa da Coruña (2002) e Premio dos Xogos Florais da Coruña (2004). Tamén recibiu o Premio Internacional Cartago de Poesía (Túnez, 2010) ou o Premio da Feira do libro de Alba Iulia (Rumanía, 2009).
Dotado dunha especial conciencia social e medioambiental, recibiu o Premio Gustavo Adolfo Bécquer de Literatura polo poemario Expulsión del paraíso. Poemario del Caribe (2018) onde denuncia a explotación sexual, a pederastia e os atentados contra o medio ambiente na rexión caribeña. Tamén acadou o Premio Claudio Rodríguez de Poesía polo poemario Un mar de nombre impronunciable (2020) onde rexeita con enerxía as catástrofes ecolóxicas provocadas polos vertidos de sustancias contaminantes nos océanos en xeral e nas costas galegas en particular.
Especialista en escritores galegos como Curros Enríquez ou Valle-Inclán, organizou o Congreso Curros Enríquez e o seu tempo, en colaboración con Consello da Cultura Galega (2001). Sobre a escritora coruñesa Emilia Pardo Bazán publicou os libros Emilia Pardo Bazán e Galicia en 2021 e a Guía da Coruña de Emilia Pardo Bazán, editada polo Consorcio de Turismo da Coruña, en 2023. Ven de publicar tamén La máquina de la eternidad. José Sellier el primer cinematografista, unha biografía novelada do fotógrafo francés afincado na Coruña que foi o primeiro en facer cinema en España.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]