O profesor Paz Gago, candidato de Alternativa á alcaldía da Coruña

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Durante a campaña defenderá un modelo de cidade máis verde e peonil, unha xestión de poda presumir de sustentable, saudable, amigable e amable

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Chema Paz Gago será o candidato da Alternativa dos Veciños á alcaldía da Coruña, un reto ao que o partido veciñal opta por terceira vez e cos folgos máis renovados ca nunca, para o que se conta cun candidato de alto prestixio académico e cultural, que formará unha equipa sólida e capaz sen dependencias orgánicas de Santiago ou Madrid e sen máis obediencia que á veciñanza da Coruña. 

O profesor da Facultade de Filoloxía da UDC, que se presentou hoxe ante a prensa na Deputación, estivo acompañado dos alcaldes de Carral, Javier Gestal, e Oleiros, Ángel García Seoane, que ademáis é presidente da formación política.

A forza independente e con longa traxectoria na comarca concorre aos comicios como única opción nídiamente coruñesa, co triple obxectivo de lograr un modelo de cidade atenta ao medio ambiente e a calidade de vida das persoas, reforzar o debate público sobre a incorporación á cidade da superficie portuaria para mellorar a súa relación co espazo público e situar á política cultural como peza clave para a revitalización social e a recuperación do liderado urbano.

Durante a campaña defenderá un modelo de cidade máis verde e peonil, unha xestión de poda presumir de sustentable, saudable, amigable e amable.

Tamén resaltou que defenderá o concepto da Gran Coruña, da metrópole de medio millón de habitantes, que debe afrontar conxuntamente moitos retos de futuro desbordando os límites estrictamente municipais: “a visión dos asuntos públicos non debe limitarse a dentro dos muros da capital”.

A candidatura toma como referencia a xestión urbana e territorial de Oleiros e doutros concellos que se van incorporando a un modo de facer municipalista, que consiste en poñer o interés da veciñanza por enriba de calquera outra obediencia, dogma ou estratexia de partido, e por suposto por enriba de calquera interés privado.

García Seoane destacou que non era obxectivo da Alternativa acceder á alcaldía, senón ser a voz de persoas, tanto de dereitas como de esquerda, que respondesen ao municipalismo como principal motivación para votar e ocupar unha representación en María Pita.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!