ponte-dos-brozos

Patrimonio confirma que o Concello de Arteixo non contaba con autorización para destruír a represa da Ponte dos Brozos

Alternativa dos Veciños de Arteixo recibiu contestación, máis de tres meses despois de presentar denuncia, por parte de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, na que se confirma que o Concello de Arteixo non contaba con autorización para destruír a represa da Ponte dos Brozos

O pasado mes de febreiro, Alternativa dos Veciños notificou a Patrimonio Cultural da destrución da represa da Ponte Románica dos Brozos e, que se lle informase se Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia concedeu algún permiso para destruír a represa da Ponte dos Brozos. Na mesma solicitude Alternativa tamén demandaba a Patrimonio Cultural, que se non se concedeu permiso, que procedese a abrir unha investigación e que os responsables pagasen por cometer o delito de atentar contra un monumento público de interese cultural.

“Por fin, tres meses despois de presentar a denuncia, recibimos contestación por parte de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Tal como supoñiamos, Patrimonio confirma que o Concello de Arteixo non contaba con ningún permiso para destruír a represa da Ponte dos Brozos. Patrimonio Cultural infórmanos na contestación que o 28/04/2021 déuselle un prazo dun mes ao concello de Arteixo para presentar proxecto de reposición da legalidade xunto co documento técnico que xustifique o realizado” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.
A Ponte dos Brozos é unha ponte románica que está recollida e catalogada por Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e tamén nas Normas Subsidiarias vixentes no concello de Arteixo.

“É incomprensible que Patrimonio solicite, neste caso, a reposición da legalidade, xa que non existía motivo algún urxente para destruír a represa da Ponche dos Brozos, e moito menos, sen contar cos pertinentes permisos ao tratarse dun monumento público de interese cultural catalogado por Patrimonio Cultural. A represa da Ponte non supoñía ningún perigo inminente nin nada semellante. Isto trátase dun delito de atentar contra un monumento público de interese cultural, e por iso, que Patrimonio debe incoar o pertinente expediente sancionador” matiza Juanfran Martínez.

 

Novas relacionadas