[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A ausencia de traballo de promoción e incentivación do Goberno de Cambre acúsase na debacle do que foi unha feira referente na Comarca.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Raúl Varela: “Patiño volve a sorprendernos cunha promesa relativa a algo que non vai cumplir. Levamos anos trasladando dende AV e os compañeiros de EU, a preocupación polo esmorecemento da Feira de Cambre, e a proba é a cantidade de postos baleiros que hai en cada Feira de Cambre e a práctica desaparición da Feira do Temple, sen que durante estes anos de goberno fixera absolutamente nada por incentivalas.
Os datos son claros: A feira de Cambre chegou a ser un referente na Comarca e a día de hoxe, pola deixadez de quen promete reactivala, está moi lonxe de ter unha ocupación digna. Só hai que ver os postos que están libres. Foi Patiño quen deixou morrer a feira en Cambre converténdoa nunha feira de segunda para os vendedores, que priorizan a de Sada ou Carballo cando coinciden en datas coas de Cambre.
Actualmente, dos 75 feirantes inscritos non se montan en Cambre mais de 35 a 50 postos. Esto é consecuencia das políticas destructoras do comercio local que durante estes anos levaran ao esmorecemento da Feira de Cambre e práctica desaparición da do Temple.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]