Paseo da ría: camiña ou rebenta

Alternativa dos Veciños reclama á Dirección Xeral de Costas a conexión dos paseos marítimos de Cambre e Oleiros, para poder circunvalar a ría camiñando

O Ministerio de Transición Ecolóxica acaba de investir 37,5 millóns na ría pero, entre outras graves deficiencias e incumprimentos do proxecto contratado, deixou incomunicado o paseo de Cambre co de Oleiros.

Son dous os tramos carentes de paseo marítimo, un no Seixo, no límite entre Oleiros e Cambre, e outro na zona do Paraíso, en Perillo. Creouse unha nova zona verde na desembocadura do río Seixo pero non foi dotada de accesos. Nun extremo deixaron un pedregal intrasitable e no outro unha pronunciada pendente de gravilla que impiden o seu acceso e uso con seguridade.

Alternativa dos Veciños reclama á Dirección Xeral de Costas a conexión dos paseos marítimos de Cambre e Oleiros, para poder circunvalar a ría camiñando.

O Ministerio pode enmendar a situación de inmediato xa que dispón de todos os trámites medioambientias necesarios e os proxectos técnicos das recentemente finalizadas obras de dragado.

Comparte esta nova!