A pasarela entre Oza e Santa Cristina desmorónase antes de existir

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A pasarela entre Oza e Santa Cristina desmorónase antes de existir

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O anuncio propagandístico do Goberno da Xunta de creación dunha ponte entre Oza e Santa Cristina non foi máis que unha simple cortina de fume que gozou dun tratamento privilexiado por parte dos medios de comunicación. Periódicos, radios, medios dixitais… falaron e falaron sobre unha obra para a que non existía nin proxecto, que simplemente partía dun bosquexo dun estudante, e que constituía un grave atentado contra o medio ambiente ao asentarse sobre a duna da praia de Santa Cristina.

Tampouco existía consenso cos concellos da Coruña e Oleiros, nin con Costas, nin con ADIF… Non había as autorizacións perceptivas obrigatorias por lei dos organismos estatais, nin os plans xerais de urbanismo municipais recollen esta vía. De querer realizar a pasarela realmente, ademais de contar con Costas e ADIF, sería necesario desenvolver plans especiais de ordenación dos ámbitos afectados, comprar ou expropiar o solo necesario e dispoñer dos informes positivos de impacto ambiental. É dicir, indo todo moi ben, un mínimo de 3 anos de tramitación.

O engano do Partido Popular, que pretendía prolongarse ata a celebración dos próximos procesos electorais, non se podía soster por moito máis tempo. O fume sempre acaba evaporándose.

A 800 metros do punto no que se anunciaba a pasarela atópase a ponte da Pasaxe. Nun futuro próximo, cando se amplíe, crearase un paso paralelo para peóns e bicicletas.

A mobilidade da cidade e da comarca precisa de moitas obras para acabar cos graves problemas de tráfico existentes. Actuacións innecesarias como esta supoñen un dispendio de recursos públicos intolerable, crearíase un importante problema de aparcamento e circulación en Santa Cristina, deterioraríase a praia e só beneficiaría aos proxectos especulativos de construción de vivendas que se pretenden levar adiante nos terreos liberados dos peiraos de San Diego.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!