Parques, praias, paseos e bosques municipais abertos para o deporte individual e os paseos dos veciños e veciñas de Oleiros

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Parques, praias, paseos e bosques municipais abertos para o deporte individual e os paseos dos veciños e veciñas de Oleiros

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Os veciños e veciñas de Oleiros dispoñen de máis dun millón de metros cadrados de parques, praias, paseos e bosques públicos para pasear e facer deporte individualmente nos horarios establecidos polo Goberno central. A partir do sábado, todos estes espazos estarán abertos, incluído as praias nas que poderá practicarse surf.

As persoas maiores de 14 anos poderán saír entre 6:00 e as 10:00 e entre as 20:00 e as 23:00 horas. Os nenos e nenas poderán saír de 12:00 a 19:00 horas, sempre en compañía dunha persoa maior de idade responsable. As persoas maiores de 70 anos ou aquelas que teñan que saír cunha persoa coidadora poderán facelo de 10:00 a 12:00 e de 19:00 a 20:00 horas.

Alternativa dos Veciños fai un chamamento á responsabilidade de todos os cidadáns. É imprescindible o respecto das normas e manter unha distancia mínima de seguridade de dous metros para evitar posibles contaxios.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!