alternativa-dos-vecinos-culleredo-dubidas-pxom

O Concello de Culleredo atópase paralizado

Un ano despois de que José Ramón Ribóo herdara a alcaldía de Culleredo, non existe nin contrato de limpeza nin de auga. Gobérnase a “dedazo” levando a cada pleno miles de euros para realizar contratacións que contan con reparos dos habilitados nacionais encargados de que se cumpra a legalidade. Desde que se aprobara a nova lei de contratos, os reparos suman máis de dous millóns de euros, sumindo ao Concello nunha parálise intolerable.

A derradeira consecuencia desta parálise é non conseguir empezar nin as actividades culturais, nin deportivas que milleiros de veciños están agardando. Non comezarán ata novembro.

Incapaces de sacar adiante ningunha contratación, o Goberno municipal está a realizar unha xestión nefasta para os intereses dos cidadáns.

Novas relacionadas