O alcalde de Oleiros e presidente da Alternativa, Ángel García Seoane, felicitou hoxe a todas as persoas que dalgún ou outro xeito se teñen manifestado diante de La Vuelta para visibilizar a oposición do estado español ante o xenocidio do pobo palestino e o uso político que fai Israel do deporte como arma propagandística e normalizadora do seu papel no mundo.
“Quero felicitar a esa cantidade, centos de personas, decenas de miles de persoas que en Madrid denunciaron a situación que está sufrindo o pobo Palestino, paralizando a volta. Non paralizando a volta en sí, senon un grupo de Israelíes estaban en esa carreira”, manifestou García Seoane, facendo extensivo os parabéns ao resto das persoas que se manifestaron ao paso de La Vuelta por pobos e cidades.
“É indignante que poidan participar e que poidan estar en calquera lugar do mundo despoís do que está facendo Israel, o seu goberno, porque é Netanyaju, pero tamén son eles, xa que o votaron os cidadáns dese estado”.
O uso propagandístico e normalizador que fai Israel do deporte e a cultura está na base da indignación popular en moitos países de Europa, pois é admitido en numerosas competicións e eventos continentais cando non forma parte do territorio europeo. A colaboración dos promotores do estado de Israel, Gran Bretaña e Alemania, está no cerne deste comportamento permisivo do estado colonizador do Oriente Próximo.
Neste sentido, convén apoiar a probable decisión que adopte Televisión Española de non participar no Festival de Eurovisión mentres se admita a inclusión de Israel no concurso de cancións. España sumaríase así a outros catro países que teñen a decisión tomada: Irlanda, Eslovenia, Países Baixos e Bélxica.